|
Unha noite onde a néboa e a oscuridade cubren a paisaxe de Ribadavia, onde o misterio resurde de entre os rincóns máis ocultos.
Unha noite de meigallos, onde a sombra das ánimas camiña polas rúas, onde os desamparados invocan ás coruxas.
Unha noite onde a música que soa é a dos pasos da morte, onde se escoita o xemir do aire, onde acouga o ruixir máis salvaxe.
Unha noite de lume, de vento, de choiva, de fume, de esmorga, de orballo e de folra.
Unha noite, só nunha noite....
|